NON CABE A RESIGNACIÓN

Aínda teño nos oídos as declaracións dos compañeiros de Madrid, tras o acordo que remata a folga da limpeza. ¡Non debemos resignarnos, non! Veñen dicir que se queremos, podemos defendernos. Eles non se resignaron e impediron máis de mil despidos e un recorte do 40% do seu salario. É certo que con condicións, pero se todos fixesemos o mesmo, o que hoxe é so resistencia, poderiamos convertilo en derrota dos poderes financieiros e políticos. Os compañeiros de Madrid, rachando coa resignación, enseñannos que hai un camiño para derrotar o futuro que eses grupos nos teñen preparado.
Un futuro de recortes nos nosos dereiros económicos, políticos e sociais, un futuro no que Navantia queda sen gaseiros. Días atrás, chegaba a noticia de que non está asegurado o contrato dos floteis mexicanos. Certamente, os que deberan gobernar, porque é a súa obriga, veñen mareando a perdiz.  
Eu son dos que pensan que para o Partido Popular que goberna en Madrid, Santiago e Ferrol, non ten importancia que Navantia poida desaparecer. De feito, a súa política considera as empresas públicas como chiringuitos, que hai que pechar; e á súa vez, quere privatizar aqueles sectores que poidan ser rentables para eses mesmos sectores privados. Máis aínda, dende que chegou ó goberno declarou estar interesado en acabar coas prexubilacións. De aquí se desprende que non buscan a continuidade da industria, por muy estratéxica que sexa, e moito menos a permanencia do emprego.
Afortunadamente, os traballadores de Navantia, na ría de Ferrol, acaban de rechazar por maioría absoluta a pretensión empresarial de facerlles firmar “o convenio”. Pero non se trata de un acordo, pola contra, trátase de impoñer a renuncia a conquistas sociais alcanzadas durante moitos anos, sen nada a cambio, que non afectan so ós traballadores en activo, senon tamén a xubilados, prexubilados, viuvas e horfos. Pretensión que queren conquerir coa firma dos dirixentes sindicais. Un erro, entendo eu, que arrastra a certos sindicatos hacia unha posición entreguista.
Os traballadores de Navantia, decidiron non resignarse. E conquiren a maioría de todos cantos traballan nas diferentes factorías. Por eso, para que non quede dúbida debera facerse un referendum, que impida a súa aplicación no conxunto da empresa.
Por outra banda, cando se pretenden aplicar eses recortes, xa teñen anunciado un plan de axuste, non de futuro, que  pode rematar coa empresa, e no noso caso, coa comarca enteira, porque a todo esto súmase o desmantelamento comarcial, do ensino, da sanidade...
Comezan as movilizacións. Eu penso que esas accions deben ter un carácter aberto e amplio. Pero dito esto, ninguén pode quedarse ao marxe, e cada sector social ou económico debe facer a súa particular aportación na defensa colectiva do noso territorio. Non hai razón algunha, política ou ideolóxica que dificulte a nosa defensa común.
En Ferrolterra, a resignación conduce ao suicidio. Frente á resignación, a loita pacífica, social e política, a unidade de tódolos ferrolterrans.
Coa idea de unir a toda a sociedade galega e máis alá, gravemente agredida polas políticas neoliberais.
Eu, con Navantia, con todo o mundo do traballo.

NON CABE A RESIGNACIÓN

Te puede interesar