Din que as cousas materiais non dan a felicidade. Meu prezado Apalpador, este ano non vou pedir nada para min. Hoxe vou pedir polos máis necesitados. Que non daría eu por un sorriso da miña Esperancita e a súa amiga Soraya? Pobres, co seu salario non poden ir máis que ás rebaixas do Primark, deixando o coche no carril bici. Que menos que unha tarxeta agasallo do Corte Inglés! Para Celia vou unha tablet, para que poida xogar mellor ao Candy Crush no parlamento e mandar whatsapp sen que a miren, a ver se así nos ensina mellor a aproveitar o tempo de traballo. Para as empresas que xestionaban as autopistas, que unha vez estean saneadas e con gañancias, llas devolvan e ademais lles paguen por volvelas xestionar. Para Mariano e resto do goberno, máis salario, máis dietas de aloxamento primando aos que teñen casas en Madrid, traxes, bolsos, para que non teñan que recorrer á corrupción. E para os futbolistas, fagamos unha colecta para pagar a facenda, que nós podemos co seu e o noso. Xa dicía o refrán: máis vale pedir que roubar!