Adeus a Benedicto

A  noticia da morte de Benedicto produciume fondo pesar, malia saber da súa inminencia. Supuña dicirlle un ata sempre compañeiro a quen coñecín hai case 50 anos e con quen mantiven unha relación intermitente e sempre cordial. Recordo perfectamente o primeiro encontro no local social do Aero Club compostelán, en  Xeneral Pardiñas, acompañando Vicente Araguas para un asunto de Voces Ceibes. Logo viñeron as coincidencias en recitais en diferentes lugares, da Orquestra Valdeorras incluída. Dos primeiros tempos conservo nítida a súa imaxe argallando no casete caseiro onde levaba música gravada para acompañar a voz e a guitarra nalgúns temas -teño in mente “No Vietnam”, o poema de Lois Diéguez-, clara mostra dos cativos medios con que todo comezara. Estiven, como non, nas homenaxes que lle fixeron en vida, que é cando hai que facelas, mais tamén na de despedida en Boisaca. O que alí vin lembroume o “Tenho mais de mil amigos / Aqui não me sinto só”, do Zeca Afonso e púxome de manifesto notorias e sectarias ausencias.

Adeus a Benedicto

Te puede interesar