FERROL E O DESCOIDO DO CAMIÑO INGLÉS

Dentro dos camiños a Compostela, as Rutas Atlánticas ou do Mar, orixinadas arredor dos portos da Coruña e Ferrol, foron utilizadas polos peregrinos chegados dos países británicos e escandinavos. Tiveron un grande arraigo nos séculos XV e XVI, coa auxe da navegación de altura, as naves de maior  porte e as relacións comerciais entre Galicia e o Atlántico Norte. Trala Reforma comezou o seu declive, cando os pobos atlánticos protestantes deixaron de peregrinar a Santiago.
Un dos tramos terrestres do Camiño Inglés, nome discutido mais sancionado de xeito oficial, comeza nos portos da ría de Ferrol, o propio Ferrol, Neda e Mugardos, continúa logo por Fene, Pontedeume e Miño, entra en Betanzos e segue por Abegondo e Mesia, uníndose máis adiante ao tramo nacido na Coruña, continuando o itinerario por Ordes e Sigüeiro cara a Compostela.
De tódolos camiños xacobeos, o Camiño Inglés é o único que percorre unha única provincia, coa a vantaxe funcional que iso ten para o seu desenvolvemento. Ademais o tramo da ruta comezado en Ferrol percorre un traxecto superior a cen quilómetros, o que significa que o viaxeiro pode conseguir a “Compostela”, selando a Credencial ao longo da viaxe, cousa que non se pode facer desde A Coruña. Coa chegada da primavera, comezan a verse en Ferrol os primeiros peregrinos da ruta. O Camiño Inglés segue a presentar as disfuncións de sempre: un trazado en mal estado, media ducia de polígonos industriais en plena ruta, carencia dos axeitados paneis informativos e de interpretación do patrimonio. Mentres concellos como Neda, Pontedeume ou Miño están a poñer en valor a ruta, Ferrol amosa o seu deixamento cara ao camiño xacobeo.  
Ferrol non dispón dun albergue de peregrinos, cando se puido usar a Casa do Mar ou acondicionar a antiga Aduana; a caseta de turismo de Curuxeiras non ten un horario axeitado e non sempre dispón de publicacións sobre a ruta; a hostalería ferrolá non é quen de interesar ao viaxeiro; os mesmos peregrinos non saben onde se pode selar a Compostela, mentres que a sinalización da ruta é deficiente en moitos lugares. No aspecto material do Camiño Inglés, o primeiro que cumpre facer, dado o total desleixo da rúa Curuxeiras e arredores, é levar a ruta pola rúa Espíritu Santo, que mantén a súa traza orixinal, conservando o edificio do antigo Hospital de Peregrinos e a lembranza da antiga igrexa de San Xiao. Pasando logo pola Praza Vella, os peregrinos poden coller a rúa San Francisco cara ao barrio da Magdalena.
O Cantón de Molíns, en obras continuas, non ten a necesaria indicación para poder facer un percorrido alternativo, mentres que a traza a través do barrio de Esteiro cara ao de Caranza non ten a axeitada sinalización, para que o viaxeiro poida visitar os lugares de interese da ruta, algún deles obras do século XVIII, como o Cuartel de Dolores, o antigo Hospital da Armada ou a Porta do Estaleiro. Do mesmo xeito non está ben sinalizado o camiño polo barrio de Caranza, unha vez pasada a ermida de Santa María. Especialmente habería que facer un esforzo para optimizar o itinerario que percorre un lugar tan deturpado como os terreos ocupados polo polígono comercial da Gándara, tratando levar a ruta pola beira da auga.
Acotación de un F.T.V. Hace pocas fechas la Diputación Provincial de A Coruña sacó a la luz una publicación sobre el Camino Inglés, en la que colaboramos varios ferrolanos. La publicación fue presentada en la Feria del Turismo (Fitur) en Madrid y en la ciudad de A Coruña, mientras que no se presentó en Ferrol. No es de recibo este comportamiento de los responsables políticos de Cultura, Ocio y Patrimonio hacia una ciudad como Ferrol, donde precisamente comienza uno de los tramos del Camino Inglés.
jjburgoa@hotmail.com

FERROL E O DESCOIDO DO CAMIÑO INGLÉS

Te puede interesar