Diversidade

Eu onte autonegueime o dereito a publicar calquera cousa que tivera que ver coa discapacidade.
Estiven a cualificar o día de hoxe como o día internacional da hiprocrisía, ese día no que a xente que che nega o saúdo, tórceche a cara, non quere que os seus fillos xoguen co teu na escola ou no parque, que che tratan como se foras un apestado... Esa mesma xente, hoxe loce post, fotos e todo canto atopan sobre o día internacional da discapacidade. Debe ser moi edificante quedar ben de cara á galería.
E eu continúo a minha particular loita, a loita de cada día, non dun só día, contra a única discapacidade que me parece grave, a falta de corazón, a falta de empatía e a estupidez humana.
Por sorte, sempre atopas persoas marabillosas neste mundo. Todos somos capaces, todos somos diversos, todos temos cabida neste mundo, todos temos dereitos. E cómpre lembralo os 365 días do ano, ano tras ano, non un día

Diversidade

Te puede interesar