O día

Hoxe celebrase o día internacional contra a violencia de xénero.
A sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a xuventude é unha tarefa de todos.
A Anpa O Beco e o IES Punta Candieira de Cedeira teñeno claro, e por iso neste mes de novembro volven a colaborar para tratar esta temática impulsando exposicións, conferencias e dramatizacións.
Xa o xoves sete contouse na charla coloquio co testimonio directo e real de Inés Fernández Lamela, vítima de malos tratos e autora do libro autobiográfico “As miñas fillas devolvéronme a vida”. Mañá o recoñecido grupo de teatro Chévere representará “o día que as mulleres gobernen o mundo todo será distinto”.Ogalla que sirva para que o alumnado se conciencie e recoñeza como Isaura, unha das protagonistas da obra, que a loita diaria de moitas mulleres da aldea como ela, tamén é unha forma de loita feminista.
Mentras tanto,esperamos o día.... 

O día

Te puede interesar