MENSAXE

Agora que se coñecen os resultados destas eleccións, poderiamos dicir aquilo de “crónica dun fracaso anunciado”, o que sufriron os dous grandes partidos estatais. Porén, o importante deses resultados é o que ven agora, se é que os responsables políticos asumen a mensaxe que lles envían os cidadáns. Ou sexa que, por unha banda, a xente está farta de políticos corruptos, tramposos, que fan o contrario do que prometen e que se agarran aos seus cargos como as lapas ao rochedo; por outra, o sopro de aire fresco que se percibe coa entrada na escena dun novo partido, integrado por xente nova, capaz de aportar novas ideas e outro xeito de facer política. Como dato curioso salienta o feito de que o líder do novo partido se chama PABLO IGLESIAS. Para algúns, este detalle podería significar algo así como unha “resurrección” do fundador do PSOE, aquel home unanimemente eloxiado pola súa integridade moral e que para os socialistas debe ser un claro exemplo a seguir.

 

MENSAXE

Te puede interesar