Premios

Todos ansiamos que a gracia nos acompañe no sorteo de hoxe. Para outros ese estímulo que os encheu de ledicia –por certo non pecuniaria- chegou unhas semáns antes no comité das rexións en Bruxelas. A Rede social europea galardou á candidatura galega que superou a outras catro propostas de Islandia, Irlanda do Norte, Escocia e Gales. 
O premio europeo de servizos sociais polo programa Nelson Mandela, que facilita a reinserción sociolaboral da poboación reclusa tivo especial valor por ser unha práctica colaborativa entre institucións penitenciarias e os entes locais que fan o seguimento social dos exreclusos.
Unha iniciativa que funciona na cárcere de Teixeiro axudando xa a máis de 1.100 persoas a reconstruir as súas vidas. Os meus parabéns a todas elas por recuperar os seus preciados dereitos de liberdade e dignidade,e a miña noraboa a todos os profesionais que loitaron por esa restitución.

Premios

Te puede interesar