Empatía

Sempre me sentín solidario, xeneroso e empático -que non quere dicir, nin moito menos, un tipo marabilloso, porque é evidente que non o son-, dun xeito especial coas persoas e grupos máis desfavorecidos desta sociedade tan ruín na que nos tocou en sorte ter que nos mover. Sei que se trata de principios adquiridos, que, como outros, imos asimilando nos ambientes onde nos movemos, sen que sexa preciso que nos falen concretamente deles. De feito, o único que teño ben presente é que na casa sempre me falaban de que había que ser bo e, se cadra, eu identificaba a bondade coa solidariedade, a xenerosidade e a empatía. Desde logo, o que nunca entendín foi o de actuar tendo presentes eses principios por amor a un deus, á humanidade... Nada que ver con esa malentendida caridade cristiá.

Hai un par de días vin nun informativo a noticia da dura paliza que un individuo lle propinou a outro que saíra en defensa da muller á que estaba maltratando. O agredido, aínda maltreito, manifestaba que o volvería facer. É de supor que con maiores prevencións. 

Empatía

Te puede interesar