DAMASCUS

A remexer de vagar o café. A mirada perdida no horizonte. O nordés a randear a lúa nova que se agacha sob o cobertor dun océano  de estrelas. Estremece o verán...
Alepo, Assad, Libia, masacres, Aladino, Cruzadas, Damascus, Bagdad, armas químicas, Kabul, burqa...  Petróleo. Gas. Petróleo. Primavera árabe, Túnez, Arxelia, O Cairo. Praza da liberación.Golpe militar. Washintong bendice o golpe militar. A manipulación repítese máis unha vez. Silencio. Silencio. Silencio da opinión pública occidental.Próxima estación do comboio imperialista: Teherán. E os desertos a se cubrir de cadáveres e sangue daqueles aos que lles impedimos o dereito básico dos pobos: o decidiren a súa existencia. Silencio, maldito silencio. Covardía que nos afoga. Retorno ás guerras coloniais do  s. XIX e XX. Saigón&Hanoi. Hippies&Peace. Pinochet, Videla...
Triste é o rechouchío da merla contemplando a folla da cerdeira pousarse na erba.

 

DAMASCUS

Te puede interesar