CALLE GALLEGADA

Houbo polémica por retirar do dicionario da RAE as definicións que non sentan ben aos galegos, aínda que esas acepcións non son máis que o reflexo da forma en que nos ven os españois. Nunha viaxe turística por alén destas terras, fuxindo da friaxe, encontreime por casualidade cunha rúa dedicada supostamente ás cousas dos galegos. O tramo en cuestión definíase por Gallegada e descoñezo o motivo polo que foi nomeada desta forma. Tal vez un peixe, un animal ou calquera outro fenómeno motivase a denominación e por esas cousas da fonética derivase así, aínda que sempre queda na mente que unha colonia de nacidos aquí marchase a instalarse alá. Pero se fose deste último xeito, habería que pensar que se lles perdía por aqueles pagos aos nativos de Breogán e realizar un estudo serio do ADN galaico e das súas carencias e do seu efecto na feble personalidade dos galegos.

CALLE GALLEGADA

Te puede interesar