O coche

Se chegásemos á conclusión de que o coche propio é hoxe unha ferramenta esencial para se desprazar ao traballo, atopariámonos coa dificultade de poder aparcalo diariamente, preto da casa e do traballo. Xa que logo, o que nun principio parece un útil indispensable, remata por se converter nun problema e nun estorbo, sobre todo nos centros urbanos, onde a peonalización complica gravemente o uso do transporte “utilitario”. Como consecuencia, parece necesaria unha solución que harmonice os problemas do traballo, do transporte, da contaminación que produce, do aparcamento, e da liberación de tráfico dos centros históricos, para a súa conservación. E de paso tratar de facer a vida atractiva neses lugares, pois se non, o resultado será vivendas baleiras, comercios pechados e un ambiente de penuria económica e social pouco envexable. Ferrol pode ser un exemplo desta complicada situación, aínda que haberá outros casos iguales ou peores. Mais a solución semella difícil. Non é?
 

O coche

Te puede interesar