Patrimonio

Senso stricto é o que unha persoa herda dos seus ascendentes e, se ampliamos un pouco máis o concepto, o que unha localidade recibe dos seus devanceiros, dito así en román paladino, aínda que evidentemente a cousa éche máis complicada. Hai unha organizacion non gobernamental, Icomos, que se dedica á procurara da consevación dos monumentos, sitios e conxuntos do patrimonio cultural. E Patrimonio da Humaidade é un título conferido pola Unesco a lugares específicos do planeta propostos por organismos como por exemplo o antes mencionado. E aquí quería eu chegar.

Como ben sabedes xa hai tempo Ferrol traballaba na súa candidatura baseada no conxunto de fortificacións, asteleiro, o representativo Barrio da Magdalena co seu trazado do século XVIII, etc, tema multidisciplinar e unha misión case imposible polo estado no que se atopan, unha por unha, case todas estas propostas. Un non entende un castelo como o de San Felipe( S. XVI) por exemplo sen canóns nen coa actuación que se abordou na chamada casa do gobernador cuxa reforma semella saír do contexto. O castelo de A Palma pertence a Mugardos, o de San Martiño, o que queda del , (xuntos formaban o coñecido como “triángulo de fogo”, a Ares e o de San Carlos está como está, e dicir, en abandono absoluto. Xa que logo, no que concirne a fortificacións, mal témolo. ¿E o Barrio da Magdalena? Pois xa me dirán, simplemente camiñen por él, detéñanse un pouco e observen como anda. ¿De verdade cren que pasaría una inspección por pouco rigorosa que esta fose? Non pretendo dar a imaxe de derrotista; vou na procura de observar a realidade e creanme esta é a que vexo. Din que o tema se vai retomar, que o interese por repasar o antigo e presentar un novo informe esta aí sobre a mesa. Non será unha tarefa de unha nen dúas lexislaturas, váise necesitar máis tempo, salvar moitas dificultades, traballo arreo para reorganizalo todo e o que é máis importante: estar seguros se todo este esforzo paga a pena. En España hai quince cidades Patrimonio da Humanidade e xa será difícil que a Unesco acepte outra candidatura. Tal e como está o panorama sería bó que a Administración andara na procura de facer da cidade un lugar apetecible e cómodo para a cidadanía, arranxar as rúas que se afunden, poñer empeño en conservar axeitadamente de acordo cos propietarios o Barrio da Magdalena, en suma: poñer en valor o que a cidade atesoura e situala no mapa das cidades atractivas. O demáis xa virá se é que ten que vir. 

Patrimonio

Te puede interesar