Simboloxía

Seica volve estar de actualidade o asunto dos símbolos franquistas, con opinións a favor ou en contra da súa desaparición. Mais ese tema non parece interesar a unha grande parte da sociedade, malia a súa importancia cara a unha verdadeira hixiene democrática, porque todo o mundo sabe que hai moitas trapalladas franquistas que amañar, moito máis importantes, que unha sepultura baleira ou unha placa nunha parede. O interesante sería non pararse a loitar contra “muíños de vento” e tentar desfacer os moitos “entuertos” do anterior réxime. Claro que ese é un labor de “cabaleiros andantes”, dos que actualmente xa non hai. Agora loitase contra a simboloxía franquista, porque iso pode ser rendible cara “á galería”. E ademais serve para presumir de loitar contra o fascismo, aínda que ás veces pareza unha burla á democracia, porque hai quen leva case toda a vida aturando inxustizas, daqueles, destes e dos de máis aló e, resistindo, sen pretender dar leccións a ninguén.

Simboloxía

Te puede interesar