RIFF RAFF

Ningún deles se chama Brian, Angus, Malcolm, Cliff ou Phil. Sinxelamente son Toñito, Tomás, Miguel, Sergio e Sito. Mais cando se soben ao escenario e comezan a tocar e a cantar, por exemplo Highway to hell, acontece algo especial. Velaí os tés cuspidiños aos míticos escoceses-australianos de AC/DC. E é que os nosos Riff Raff oferecen de todo: corrente alterna, corrente continua, alta voltaxe e o mellor riff de guitarra. Unha moza de Miño facía este comentario após asistir a un dos seus concertos: “Vinos na miña vila e fiquei anonadada. Os músicos son impresionantes, e o cantante chegoume á alma. Morro por volver a velos”. E un mozo facía estoutro: “Sublime concerto en Vilalonga”. En xullo de 2008 tocaron con Whitesnake no Coliseo d´A Coruña, e o público e os compoñentes da xa lendaria banda de rock inglesa alucinaron por colores coa forza e mestría coa que executaron os seus temas. Opa Toñito! Opa Riff Raff!

 

RIFF RAFF

Te puede interesar