Delirios

|

A semana pasada, despois dunha votación con resultado apretado, a Cámara dos Deputados da Arxentina aprobou a proposta de legalización do aborto, malia os esforzos da igrexa católica por conseguir o resultado contrario. Tócalle agora ao Senado votar no mesmo sentido para conseguir a aprobación definitiva do proxecto e parece obvio que a igrexa vai tentar de novo influír no resultado. De entrada, a  reacción do papa Bergoglio perante a derrota eclesial no seu país –é a súa obriga– non se fixo esperar. Dous días despois da aprobación congresual arxentina fixo unhas fortes declaracións nas que considerou o aborto homicidio de crianzas, entendendo que a xente lle tira a vida a inocentes para ter unha vida tranquila. Chegou mesmo a comparar os abortos motivados por deficiencias no feto cun euxenismo de luvas brancas, como o practicado polos nazis para cuidar da raza. Delirante!
Mentres lía estas cousas asaltoume o recordo do entusiasmo con que, hai algo menos de catro anos, os eurodeputados de Podemos, con Pablo Iglesias á fronte, saudaran a visita do papa Francisco ao Parlamento de Estrasburgo.
 

Delirios