Desarme

O asunto das armas da ETA está a provocar diversidade de opinións, se ben a maioría coincide en cualificala como unha manobra teatral. A min paréceme que ese tema non merece maior atención, pois que é algo que se vía vir, grazas ao labor das forzas de seguridade e do propio paso do tempo, que tamén fixo o seu traballo de desgaste, no apoio social dos terroristas. Mais entre todos os comentarios aparecidos, eu boto en falta unha cuestión que me parece moi importante: con tantos agochos de armas en territorio francés, pregúntome como foi posible que os terroristas se movesen durante tanto tempo e con tanta liberdade no país veciño. Seguro que haberá xente que poda respostar esta pregunta con total coñecemento de causa, pero coido que iso será materia reservada e que nunca saberemos con exactitude o por que, da suposta tolerancia francesa. E digo suposta, seguindo a norma do politicamente correcto, pero desde logo, eu teño a miña opinión persoal. Como calquera, claro. 
 

Desarme

Te puede interesar