DEMOCRACIA ACTIVA

De que se queixan e por que protestan os que buscan chamar á atención nas rúas e nos espazos público? A democracia socialmente participada ten outros canles para presentar as demandas e as protestas. A sociedade debería utilizar estes canles antes de montar algarabías nas rúas que, por habituais perden a súa eficacia. En todo caso, este xeito de chamar á atención nas rúas debería de ser sempre o derradeiro intento despois de ter esgotados tódolos demais medios que os cidadáns teñen a súa disposición. Esquécese algo socialmente fundamental como é que a democracia require, para ser eficiente, de unha sociedade activamente consciente e que presente as súas demandas políticas concretas en cada caso e realizables. Isto debería ser o primeiro a ter en conta. Pero, lamentablemente, deixámonos levar pola rutina, desorganizados e sen capacidade para outra cousa que non sexa alborotar. Protestar nas rúas tería sentido cando xa non quede outro recurso. A participación cidadá debería consistir, máis que en manifestarse, en exercer o control da clase política de un xeito regular e constante. O mesmo ocorre coa transparencia das decisións políticas e o control e vixilancia ante os posibles casos de corrupción. Esta forma de actuar tería que constituír o fundamento de unha verdadeira participación social democrática. Porque a sociedade que non está disposta afacer un seguimento dos seus políticos non debía te dereito a protestar polo mal comportamento dos mesmos.
Existe unha parte, aínda que minoritaria, de cidadáns que si teñen conciencia da situación e están dispostos a facer o posible para cambiar a rutina na que andamos metidos. Porque o goberno que a todos afecta non debería estar acaparado polos partidos. Pois, de ser así, ocorre o que estamos a ver en Valencia onde a corrupción era notoria dende había xa tempo e ninguén daba un paso adiante para destapar os casos. Os políticos teñen a obriga de actuar con transparencia en solidariedade cos cidadáns. A súa primeira preocupación non debe ser a fidelidade ao seu partido, como ocorre na actualidade. Crense tan superiores aos demais que nin sequera fan caso das críticas, como viña pasando no caso da sra. Barberá en Valencia. Confiemos que vaia aparecendo o imprescindible cambio ca próxima lexislatura.

DEMOCRACIA ACTIVA

Te puede interesar