Seguiremos esperando

os 90 Salinas Portugal  preguntáballe a Carvalho Calero :  hai tempo e lugar neste país para esperanza? O profesor respondíalle: Hai que esperar contra toda esperanza, porque mentres non decidamos suicidar-nos como povo temos que confiar na posibilidade de rectificar a Historia... mediante unha maior inserzón  nas instituzóns... 
Os actuais líderes dos partidos de obediencia galega descoñecen esta opinión de Carvalho ou non reflexionaron sobre o seu alcance. E están empeñados en acabar coa nosa esperanza. Como interpretar, logo, a incapacidade de acordar unha coalición que permitira unha maior presenza en todos os foros na defensa dos nosos intereses económicos e sociais en plena “ nova reconversión” industrial ? Que, ante unha involución que procura no espello de Turquía a solución do problema nacional, for imposíbel unha proposta unitaria? O ronsel da lúa, abre a porta da esperanza. A pesar deles (e de nós). 

Seguiremos esperando

Te puede interesar