Sónche trece, sr. alcalde

Polo que puiden entender estes últimos días ao ler a prensa, semella que aquela “cousiña” de facer patria e mirar máis por Ferrol que polo interese partidista político, non está a funcionar. Senón, que alguen me diga como se come isto de que o sr. alcalde, que teimaba por poñer a nova residencia de maiores no Bertón quedra branco cando vía que, aínda que a Xunta expresara que a opción lle parecía válida, o grupo municipal do Partido Popular seguía a apostar polo emprazamento no Boial. Ou que, tendo en conta que o alcalde xa descartara o aparcadoiro “disuasorio” –pregúntome se o disuasir ten algunha retranca– de Canido, mira ti por onde van os pequenos de Ferrol en Común e atopan o apoio do PP para continuar co proxecto. Vai a cidade, como xa estamos acostumados, dando botes e máis recibindo fendechas en cada un dos adoquíns mal postos que hai e, mentras tanto, hai quen pensa que sumar non conta nesta película.

Sónche trece, sr. alcalde

Te puede interesar