EL MIEDO A PEDER EL TRABAJO

Se  ha acabado el miedo a perder el trabajo”
Seica dixo “el ministro”. E ficou, supoño, moi contento. Xaora, ten toda a razón, os cidadáns nunca tiveron medo, por iso expresaron a súa oposición ás medidas políticas aprobadas polo Goberno do que forma parte coas súas voces, pancartas, acampadas, marchas solidarias, folgas xerais a pesar do risco que corrían. Porén, tamén é certo que hai millóns que si teñen medo de non atoparen traballo e a desesperación afoga a súa existencia.
Agardo que as palabras se tornen bolboretas neste serán marcado de invernía. Agardo  que as avelaíñas non queimen as súas asas en reviravoltas arredor da lámpada. Agardo que, agora que a música se apaga e os vagalumes se ocultan so un ceo estrelecido, as nosas rúas se vistan co sorriso da primavera. E que as prazas reborden de pícaros a brincar. E retornen os emigrados... Agardamos. Levamos anos agardando... conquistar o futuro. Sen medo.

 

EL MIEDO A PEDER EL TRABAJO

Te puede interesar