O mundo, dende que é mundo e os animais humanos desenvolvemos capacidades superiores, sempre estivo marcado por numerosos mitos e falsas crenzas a inmensa maioría das veces, espalladas de xeito intencionado. Unha delas é a falsa convicción de que existen dentro da especie humana varias razas.
Refírome á raza branca, á raza amarela e á raza negra. Unha gran mentira que serviu e serve para xustificar fundamentalmente que a raza branca, segundo os teóricos de extrema dereita é superior en base, a unhas calidades nunca demostradas. Deste xeito poder cometer autenticas bestialidades e exercer o seu dominio, fundamentalmente no control dos recursos, o cal é ao final a razón de ser do racismo.
A realidade é que só existe unha raza, que é a raza humana. Hai arredor de entre 2 e 6 millóns de anos, apareceron os Austrolopitecus no este de África e a partir destes, e debido aos cambios xenéticos da especie, chegamos aos animais humanos actuais. Os cambios na pel, pelo e outras características antropomórficas son resultado da capacidade de supervivencia da especie, que nos fai modelarnos segundo as condicións ambientais onde vivimos para así poder adaptarnos máis facilmente ao medio natural.
Hoxe en día, grazas á presión da sociedade, este tipo de discurso irracional está desbotado. Soamente suxeitos marxinais seguen dándolle prioridade.
Mais o racismo non se esvaeceu, senón que adoptou novas formas, de xeito que a persoa racista non pareza un monstro irracional e así non provocar o seu rexeitamento. Os racistas mudaron o seu discurso, para que este non sexa acusado de tolemia e de que está baseado en prexuízos.
Ademais os que defenden a superioridade da raza branca (os racistas máis perigosos) queren aparecer como persoas, quer ecuánimes quer racionais os cales, defenden as súas posturas en base ás características do grupo discriminado.
Segundo estes teóricos da superioridade, estes grupos non asumen os supostos valores das nosas sociedades (traballo duro, disciplina, individualismo, respecto aos valores tradicionais etc...).
Estes novos prexuízos sobre outros colectivos, si se pode dicir que calaron na nosa sociedade, sobre todo nunha parte importante da nosa xente maior, que para nada se consideran nin son racistas, debido á nosa particular personalidade como povo.
Máis este discurso non so calou no noso povo senón que en outros países os cales, sufriron en primeira persoa o nazismo como por exemplo a Francia, desde fai unhas décadas a extrema dereita está a xogar un papel moi importante na política. Suxeito xenófobo e racista como Le Pen, a súa filla este domingo estaba a disputar a presidencia de Francia sendo certo, que suavizou respecto ao seu pai os seus comentarios e políticas cara os inmigrantes e incluso o seu discurso económico pode considerarse dentro do campo do marxismo, máis so en un puro lavado de cara, está a obter as bendicións e parabéns de unha parte importante da clase traballadora francesa.
Un país que perdeu milleiros de persoas e que sufriu o acoso, asedio i espolio dos nazis, hoxe en día está a darlle unha forte presenza na política de La France al Frente Nacional.
Un partido político este, o cal está comprobado que está formado por xente de ideoloxía afín ao nazismo, que colaboraron nos tempos da ocupación con estes. Porque de seguro que os problemas sociais e económicos que está a sufrir este país é máis doado e máis rentábel botarlle a culpa aos colectivos máis febles( isto o saben moi ben os poderes fácticos) que aos verdadeiros responsábels dos problemas; o poder financeiro e a súa clase política; a clase política dominante, a clase política do sistema.
Cabe sinalar que si analizamos o papel dos inmigrantes nos países europeos o en calquera outra parte do mundo desde o punto de vista da economía, unha gran parte do crecemento destes países é grazas a estes inmigrantes, xa que polo xeral, son man de obra en postos de traballo que non queren facer os traballadores do proprio país o hai falla de persoas nativas pra facelos.
Estes inmigrantes pagan impostos e forman as súas vidas é dicir, consumen no país. Impostos que serven para pagar as pensións, a sanidade, as políticas sociais o sistema educativo ect...
Porque sendo nos, o povo galego, un povo de inmigrantes, alguén pode pensar que os milleiros de rapazas que marcharon antes da crise e os milleiros de rapazas que marcharon i están a marchar do país coa crise, deixando atrás, familia, amigas, a vida de un en xeral o fixeron por gusto ou por paixón aventureira? Porque unha é inmigrante devido a que as expectativas de futuro, as posibilidades de formar unha vida no proprio país negan se lle e non lle deixan a persoa outra opción que facer as maletas. E isto coñecemo lo moi ben as galegas e os galegos.
Por todo isto, cómpre botar fóra da nosa sociedade este tipo de prexuízos, combaténdoos do única forma posíbel, que é con educación.
É fundamental desde as primeiras idades traballar coas meniñas e meniños para facermos o día de mañá rapazas e adultos de mentalidade sa e aberta.
Ao mesmo tempo é necesario identificar aos suxeitos racistas e da única maneira que é posíbel, illalos e castigalos socialmente para facérmoslles saber que o seu discurso non ten cabida no noso povo. Para, deste xeito, edificarmos no futuro sociedades abertas, plurais, mais sempre respectando, defendendo e poñendo en valor os nosos trazos de identidade como nación.