A outra bañeira

A bañeira era un método de tortura moi popular, entre os policías que a exercían, contra as persoas que en España loitaban pola democracia e os dereitos humanos. Centos de veces teño oído como facían, meu tio Leonardo foi unha das súas vítimas nos albores da Transición á democracia nos anos oitenta. Por iso, resúltame insultante que a estas alturas haxa quen dedica esforzos da Xustiza e da loita antiterrorista en perseguir chíos sobre Carrero Blanco.
Considero que son de mal gusto, pero négome a aceptar que se poida condenar a “tuiteiros” por eles. Iso é pretender rehabilitalo e acortala liberdade de expresión facendo apoloxía do franquismo. Luis Carrero Blanco era un franquista puro, presidente carceleiro de España e que polas cirscunstancias non puido ser levalo ante a verdadeira xustiza polas vítimas e as familias dos represaliados. Neste sufrimento aséntase a nosa democracia.
 

A outra bañeira

Te puede interesar