Nova Caledonia

n Nova Caledonia, arquipélago de Oceanía que aínda pertence a Francia, acaban de realizar un referéndum para decidir se se independizan do país europeo. O goberno galo nin se opuxo nin esixiu a participación dos habitantes da Francia continental. Entre tanto, no noso país unha consulta similar levou persoas á cadea e ao exilio e pídense condenas de moitos anos. Como se chegou a isto? Certo é que todos os nacionalismos son moi similares. Antepoñen himnos, bandeiras, linguas e territorios ás persoas. Mais sempre son máis perigosos os que teñen Estado, exército, poder lexislativo... É por iso que non se entende moi  ben o motivo de cualificar de radicais os nacionalismos que se enfrontan ao poder do Estado en lugar de facelo cos que van contra os dereitos individuais e colectivos, chámense Vox, Ciudadanos, Bolsonaro ou Trump. Asusta ver o aumento de persoas que se indignan por supostas ofensas a bandeiras ou coroas que, ao tempo, carecen de todo tipo de empatía perante os sufrimentos de semellantes. Xa sexan hondureños, africanos ou do propio país. Medo dá que a historia sexa cíclica.
 

Nova Caledonia

Te puede interesar