Incongruencias

Pensaba que o modificativo do Concello de Ferrol que onte tratouse no pleno para poder pagar cousas como as horas extra ou facturas pendentes de abono dende hai caseque un ano contaba co respaldo do grupo socialista. Talvez estea equivocado, pero senón e así, decepcionaríame saber que o feito de que os socialistas xa non estean no goberno municipal supón que, a partir de agora, a cousa vai ir polo camiño do “non” permanente e reiterativo de Beatriz Sestayo a todo canto trate de elevar o minigoberno do sr. Suárez. Semella que as cousas da política, que se supón que existe para o beneficio de todos nós, non son as que alentan os miolos dos nosos representantes. Xa sabemos que a política ten este tipo de incongruencias, pero o que me ven aos sesos e se, a parte do evidente aviso que lle da ó seu exsocio de goberno, o que máis vaille prestar ó PSOE na cidade vai ser facer deste exemplo un programa de actuación, pase o que pase, en que pesen máis as entrañas que o que todo o mundo pensa que funciona na cachola. Se é así, apañados imos.

Incongruencias

Te puede interesar