Martes de Entroido

É evidente que non todos podemos compartir nen sequera opinións semellantes, xa que o feito de pensar conleva moitas opcións. E digo isto unha vez que constatei o pouco movemento que o pasado venres veíase en pleno centro de Ferrol, cando o habitual é que sexa este un día de moito viño e paseo nocturno polas habituais rúas hostaleiras. E digoo tamén porque, en pequena comandita, como se pode dicir, o comentario máis chamativo era que o feito de que o martes de Entroido xa non sexa día festivo na cidade parece que restou empuxe á celebración e que, contra do acostumado hai só uns anos, nada ten xa que ver a noite do luns de hoxendía coa daqueles outros tempos en que, non tendo que se levantar de mañanciña, ben pagaba a pena pasar a noite de feste en festa. O espírito segue a ser o mesmo –digo eu– xa que o que ten o Entroido é o disfrute de ser quen non se pode ser noutro momento do ano, pero que, imos ver, non é o mesmo ter que ir ao traballo –para a maioría da xente– ao día seguinte, que non ter que facelo. Así que mentres que noutras localidades de Galicia, e por suposto do resto do país –incluída Cataluña–, fan desta celebración unha oportunidade de negocio e o necesario e oportuno regodeo, por aquí preferimos traballar e, de paso, pois iso, non aproveitar, como por outra banda parece ser obrigatorio visto o que facemos con outras moitas cousas, mesmo rexeitar oportunidades de inversión, en algunha que outra ocasión porque o que pretende o inversor é sacar un mínimo rendemento, e confío en que ninguén se dea por aludido.

Non estou eu, por certo, e non por cousa da idedade, xa afecto ao disfraz, aínda que gusto de ver como a xente pasao ben coas súas comparsas, os grupos temáticos formados por xente amiga e memo unida por lazos de sangue. E o certo é que motivos, máis aló dese tan de moda como é o “satisfeyer”, non faltan para rir nesta comarca, aínda que nunca tiven oportunidade de ver a ninguén facendo referencia –é só un exemplo– ao convenio con Defensa para, dunha vez por todas, facer que esta cidade rache cunha eiva á que non se atopa solución política por ningures. Mentres isto escribro xa escoito o son próximo das comparsas. E momento de saír a rúa... 

Martes de Entroido

Te puede interesar