Aforrando que é mentira

No conxunto dos idiomas do mundo podemos atopar moitos e excelentes dicionarios dos que podemos servirnos para intentar aplicarlle a cada cousa o seu xusto nome. E digo intentar porque cada vez teño máis claro que nesta irrealidade na que nos meteron xa se empeza a facer dificultoso definir cada feito coa debida precisión. Haberá, pois, que inventar terminoloxía. Na portada deste noso xornal de hai dous días liamos que o Concello ferrolán decidira privatizar a xestión de multas e sancións. E por procedemento de urxencia. ¿Abondaría dicir abraiante? A xustificación do concelleiro de turno ¿sería só alucinante? A contía da licitación (260.000 euros) ¿podería ser vergoñenta? Nas páxinas de Galicia deste mesmo exemplar do Diario podíamos ler que o PP vigués facía público que o Concello de Vigo recadou 40 millóns nos anos que Abel Caballero leva de alcalde. Botando contas comparativas, Ferrol debería ingresar por volta do millón por ano. Catro veces menos do licitado. ¿O cualificativo?

Aforrando que é mentira

Te puede interesar