EXISTE ALTERNATIVA

Apretensión do Goberno central de que as autonomías restrinxan o gasto nunha proporción semellante ou maior a outras estruturas do Estado, amosa unha lectura centralista do equilibrio fiscal. Nos orzamentos galegos, ensino e sanidade son os dous principais gastos, e son servizos que non se poden retallar, máxime en épocas de crise e porque nunca abonda a súa mellora.

Daquela, na práctica o discurso de que se van respectar os servizos e prestacións públicas, seica demostrativo da sensibilidade social do Executivo de Rajoy, resulta desmentido pola esixencia dun drástico retallo do gasto e o trato de favor ao capital no ingreso fiscal.

En realidade o Goberno central desgasta as autonomías, colocándoas fronte á falsa disxuntiva de rebaixar as prestacións sociais básicas e os investimentos necesarios para alentar o crecemento, ou como no caso de Galiza, aproveitar para retallar naquilo ligado coa defensa da identidade nacional. A Feijóo non lle foi problemático entusiasmarse coa segunda opción, non por iso deixou de facer importantes axustes no emprego e prestacións básicas.

Existe alternativa para manter os servizos esenciais, defender a nosa identidade nacional e recuperar a economía

 

Existe alternativa para manter os servizos esenciais, defender a nosa identidade nacional e recuperar a economía e o emprego. Pasa por perseguir con contundencia a fraude fiscal, eliminar as múltiples excepcións e reducións de impostos ás grandes fortunas e altos salarios (imposto de sociedades, ao patrimonio, Sicav). Pasa por ter a coraxe de se enfrontar os ditados de Angela Merkel, esixindo políticas expansivas e alento á recuperación económica. Pasa por xerar aprecio polo propio, recoñecérmonos como un país, dignificar a nosa lingua e cultura, e valorar a capacidade que temos para defender dereitos e xerar riqueza.

En todo caso, nunca teremos saída desde a pasividade e a submisión, e entender Galiza como se fora unha finca.

EXISTE ALTERNATIVA

Te puede interesar