Esperpentos

espois dos últimos (que non derradeiros) esperpentos políticos, un non sabe como ten que se comportar en determinados casos. Poñamos o exemplo das peticións económicas que se fan na rúa de xeito puntual, para axudar na investigación e na curación de certas enfermidades. Débese, ou non se debe, participar neste tipo de aportacións económicas? Porque se non participas, pode parecer que es indiferente ao sufrimento de moitos e aos esforzos doutros, por atopar solucións para ese sufrimento. E se participas, poderás ser duramente criticado por certo sector político, polo feito de aportar a túa esmola a unha causa que debería ser enfrontada polo Estado. Eis o que lle pasou ao señor Ortega, pola súa “esmola” millonaria. A min pareceume un xesto moi louvable, pero claro, eu son un home sinxelo que, como di o cantar, nin entendo nin sei de leis e de política. Mais penso seguir participando coa miña pequena esmola, porque sendo anónima, non hai perigo. Digo eu, claro.   

Esperpentos

Te puede interesar