O que hai

|

Onte cadroume de ver nun café unha especie de presentación do último disco de Dani Martín. Viñamos de xantar, meu neto e eu, unhas especies de caza nun coñecido restaurante ferrolán. O comunismo –en habendo e non explotando o persoal (cuestión  fundamental)– non vai, non ten que ir, contra certo tipo de prácticas do máis honesto. Honestísimo, diría. Consumes e pagas e contribúes. O cativo, xa grandiño –14 anos recentes– nunca comera tales cousas. Algunha vez ten que ser a primeira. Ó saír do xantar na miña cabeza andaban moitas cousas. Nas do pícaro supoño que outras. Hai que aprender a estar en tódolos mundos posibles. Comeu ben e a fartar. Gustou de todo. Mentres tanto anda moita xente por aí recollendo alimentos para quen nada ten. Unha vergoña social. O cantante antes citado fala contra a morte e da marabilla de vivir. Que bobada. Se cadra el ingresa moito pero a inmensa maioría vivimos en mínimos. E se non hai para comer o mellor é morrer. Tal cal.

O que hai