O Covid-19 está a demostrar que vanlle todos os climas e que non é un virus estacionario, aínda que é certo, que os novos rebrotes que estanse producindo polo menos na Galiza, non son tan virulentos como nos primeiros momentos da pandemia.
Uns rebrotes que teñen moito que ver, coa nosa actitude á hora de volver á normalidade despois do confinamento. O noso comportamento, o da poboación en xeral a pesar de que a maioría somos obedientes, disciplinadas e cumprimos as normas, é certo que non renunciamos a moitos hábitos anteriores ao Covid-19. É dicir, ao noso estilo de vida. Tamén “non se entende” este xeito de lexislar con normas, as cales por exemplo prohiben viaxar no autobús sen tapa bocas, a pesar de que moitos asentos están cegos e hai número de prazas limitadas ou por exemplo, nos centros de alimentación, onde o aforo está tamén limitado e é obrigatorio levar tapa bocas e usar os xeles, sen embargo non pasa nada, se oito persoas están ao redor da mesa dunha terraza sen o tapa bocas. Tampouco entendese, como prohíbese unha concentración polo aniversario do asasinato de Lorca a mans da Benemérita, unha concentración coas medidas de seguridade no relativo ao distanciamento físico e o uso de tapa bocas e xeles, e sen embargo as autoridades consintan e non digan nada, á hora de que varios centos de persoas, insolidarias e insensatas, reúnanse sen ningún tipo de medida protectora, ao grito de que todo o de Covid é unha farsa.
Máis no relativo á nosa cidade, non se comprende a actitude do alcalde e o concelleiro do ramo, de dar o visto bo, ao desenvolvemento das festas da cidade, baixo un suposto compromiso coa cultura.
É indubidábel que a cultura galega esta seriamente tocada, co cal é indispensábel tomar medias de diferente índole, que mitiguen e protexan as traballadoras, as autónomas e pequenas empresas da situación económica creada por mor da pandemia. Mais Señores e señoras do goberno de Ferrol, a aparición do Covid-19 é un problema primeiro de nada sanitario e despois social de primeiro orden, onde as erróneas medidas que tomemos, poden supor, a morte de moita xente ou a enfermidade de moitas outras, que como estase a ver, poden con levarlles secuelas físicas e incluso psicolóxicas, para o resto das súas vidas. Porque ante unha situación de emerxencia sanitaria xeral todo o demais, debe quedar relegado a un segundo plano.
Mire señor Mato sexamos serias: Antepoñer compromisos que ben poden clasificarse de persoais, en contra da saúde da poboación é igual que dicir, que isto do Covid-19 é un bulo e a finalidade é inxectarnos no noso corpo, un micro-chip. É dicir Sr Alcalde, unha tolemia con todos os meus respectos. En definitiva, esperemos que medidas deste tipo, non nos condenen a todas a un novo confinamento, onde daquela si seria o fin da maior parte do sector da cultura galega entre moitos outros.