día dous deste mes de novembro foi o pasamento no Hospital General Juan Cardona de Ferrol do meu cuñado José Maria Orjales Valcarcel, Picolo para familiares e amigos. Quero dicilo aquí moi alto, unha das mellores persoas que coñecín na miña vida, sincero, sen dobreces nin complicacións, desinteresado e con unha bondade innata, unha bonhomía, que o facían acredor do cariño que todos, familiares e amigos, lle tíñamos. Fóisenos un home bo e xeneroso.
Entrou na miña familia no ano 1964 e dende o primeiro momento integrouse nela de xeito tan espontáneo como definitivo. Non tivo fillos pero si sobriños e sobriñas, miñas fillas, que sempre o quixeron como el se merecía.
Pertenceu durante toda a súa vida a Armada Española, unha das súas paixóns xunto coa cidade de Ferrol, onde acadou o grado de Coronel, desempeñando destinos a bordo e en terra, nos que foi sempre moi apreciado por superiores, compañeiros e subordinados.
Recordábame o outro dia o Irmán Maior do hospital, con agarimosas verbas, que no ano 1967 estivo as súas ordes, como alférez-alumno no cruceiro “Canarias”, onde el era Xefe de Máquinas.
Por certo, como non eran aqueles momentos para louvanzas, quedei coas gañas de felicitalo pola súa magnifica xestión do Juan Cardona, cousa que fago agora dende aquí, xunto co recoñecemento e agradecemento a tódolos profesionais que, con tanta paciencia e dedicación, coidaron de José Maria. Noso agradecemento tamén a tódolos familiares e amigos que nos acompañaron nestes intres tan difíciles.
Á súa dona, miña irmá, repítolle aquí as verbas que xa lle dixen noutro momento, “que te quede junto con su recuerdo imborrable, el consuelo de haberlo querido, honrado, respetado y cuidado de modo ejemplar, durante todos los años que duró vuestro matrimonio”.
Adeus José Maria, déixasnos xunto cun gran baleiro, un recordo inmorredoiro. Nunca te esqueceremos.