MULLER TRABALLADORA

As políticas da troika nos deitan no leito de Procusto do capital, que tenta que non sexamos para que gañen máis cartos e poder os amos do capital. Esas políticas que destrúen emprego, o precarizan aínda máis, nos baixan o salario e nos fan traballar máis horas, dificultan ou impiden conciliar  o traballo coa vida persoal, recortan os servizos públicos, sementan unha enorme violencia estrutural de carácter socioeconómico e simbólico, outrosí de propiciar os crimes machistas,  ou eliminan liberdades como a do aborto. Para os godos do PP  apenas somos outra cousa que obxectos cos que facer cartos explotándonos ou anacos de carne ao dispor do deus mercado. A súa hipocrísía nos quere arrebatar o noso corpo e o acceso á saúde sexual e reprodutiva namentras aceptan que nas escolas se imparta unha relixión que nos quere submisas ou nos xornais se admite a publicidade da prostitución. A dupla moral da burguesía cabalga a lombo dos nosos dereitos. Hoxe loitamos pola igualdade enCompostela e por todo o mundo. Participa.

MULLER TRABALLADORA

Te puede interesar