O purgatorio

oña vostede unha enquisa electoral e terá ás e aos políticos ferroláns purgando as súas culpas pasadas, presentes e futuras. Agora ben, pouca xente utiliza os datos demoscópicos para facer autocrítica. É evidente que a Rey Varela vaille ben porque aínda non acusa o problema da súa propia marca política, e que para Ferrol en Común o pacto da oposición, quedándose as dedicacións exclusivas do grupo de goberno, resultou ser un gran favor cun alto rédito político. 
Veremos como resulta iso de marchar, pero non marchar e andar buscando a un terceiro que sexa dócil. Esas cousas sempre saen mal. Se marchas, marchas. Tamén veremos esas “novas” opcións, á dereita e á esquerda, o que suman ou restan, porque por poucos votos poden cambiar unha maioría de goberno. 
E para que non nos ataque o aburrimento, aí a sentenza xudicial do saneamento deste días... todos sabían, pero ninguén dixo nada cando tocaba

O purgatorio

Te puede interesar