TERRORISMOS

|

Los yihadistas deben de estar acojonados por las florecitas, las velitas y nuestro enérgico ‘todos somos Bruselas’. Y hasta la próxima”. “¿También somos Bagdad? ¿O eso ya, no?...”. Estes tuits do escritor Pérez Reverte, en referencia aos atentados en Bruxelas, provocaron non poucas reaccións, pero conseguiu o que o autor pretendía, a reflexión. Que estamos a facer cada un de nós para reverter a situación? Seguimos sen decatarnos de que loitar por bens colectivos conleva adquirir bens individuais. Mais, na confortabilidade das nosas casas estamos dispostos a ben pouco, ás veces nin sequera a mobilizarnos nin a esixir aos nosos gobernantes que actúen como persoas. Ou é que o trato que Europa lles está dando aos refuxiados é menos barbarie que a de Daesh? Talvez teriamos que informarnos máis sobre a responsabilidade de occidente no nacemento deste movemento radical. Como di Pérez Reverte: “Excepto niños y perros, no hay víctimas inocentes. Las hay casuales, ignorantes, irresponsables o desinformadas. Pero ya nadie es inocente”. Ou si?
 

TERRORISMOS