Rahabilitar Ferrol

aniféstome ledo, aínda que sorpendido –o recoñeco–, pola aposta dos ferroláns cara á rehabilitación dos inmobles, segundo recollía Diario de Ferrol onte. As diferenzas entre esta alternativa e a de obra nova son claras sobre as preferencias. Pero o “sorprendido” vai tamén por outro lado. E é que, aínda que hai axudas e penso que precisamente a nosa cidade é a máis ten de toda Galicia neste sentido, o estado que presentan moitos inmobles do casco urbán histórico fala por si mesmo de que tamén falta moito por facer. E ademais a situación de ruína ou de estado certamente calamitoso xa non só corresponde aos pisos senón tamén aos baixos comerciais. É, en definitiva, unha consecuencia máis da crisis económica e social que estamos a padecer, xa que logo hai manzás de rúas en que sobran os dedos dunha man para contar os establecementos abertos e non chegan as das dúas para facer outro tanto cos locais pechados. Rehabilitar Ferrol levará, de verdade, moitísimo tempo se non se achegan outras. 

Rahabilitar Ferrol

Te puede interesar