O medo sempre foi unha boa excusa. Unha boa coartada para calquera cousa. Un parapeto que impedía posicionarse polo que puidera ocurrir. O medo é unha estratexia que asoma cando alguén a cre menester para facer ou desfacer ao seu antollo, e evitando protestas masivas ou malos tragos difíciles de dixerir. A sociedade vive atenazada polo medo.
Un medo atávico que lle obriga a instalarse no “que me quede como estou”, ou facerlle caso á recomendacións clásicas das nais do” ti non te metas que non vas gañar nada”. É unha situación que fai rememorar aquelo de Hamlet de que algo cheira a podre en Dinamarca. E semella que pintan bastos. O Congreso que, evidentemente e legalmente, é a sede da soberanía nacional, é inviolable. Pero isto non é razón suficiente para xustificar comportamentos policiais tan agresivos. Nin o xogo de sordos ao que asistimos cada día, onde ninguén quere escoitar o que a outra parte lle ten que dicir. Cataluña e o seu President Mas, empezaron a lexislatura recortando hasta no carnét de identidade e incumplindo todo o que poñía no seu programa electoral.
Retiraron as axudas sociais, reduciron soldos, atacaron á Sanidade e a Educación e tiveron que pedir ser rescatados. Agora, anticipan eleccións ao rebufo dunha macromanifestación, intentando que se esqueza todo o inesquecible. Iso sí, capitalizando como propio un sentimento de moitos. Rajoy volve a sacar de paseo o Xibraltar español e, como fala do que non debe, os mercados volven ao ataque. Cospedal compara unha manifestación co 23-F. Sempre cultivando o medo. Sempre os mesmos irresponsables. E sempre lles foi ben.