De levar a contraria

Pasamos o peor da pandemia e agora, en período electoral, todo semella regresar a unha imaxe de verán e de normalidade de praias e viaxes. Pero a outra epidemia, a do resentimento e a de retorcer o argumentario para afirmar e negar á vez, ou para pedir e denunciar ao mesmo tempo, segue en vigor e co mesmo ruído e crueza que meses atrás. Independentemente do que necesite o pais, e da posición que haxa que marcar en Europa para saír airosos desta crise brutal, as estratexias da oposición van por outros derroteiros. 

Son partidos que optaron por vivir  na realidade virtual dos medios de comunicación, na absurda crispación, que non coincide en absoluto coa realidade vital da nosa sociedade. Nada lles importan os datos da economía ou dos incrementos dos umbrais da pobreza, ou do razoable de ser un co universo –que dicía o pequeno besbello en Kung-Fu–, especialmente cando a sociedade, e o sentido común, demanda unidade de acción e esforzos compartidos. 

Dende o principio da crise, populares e Vox esixiron a lúa e os planetas, todo no mesmo instante e todo ao mesmo tempo. Unha vez que esas metas foron acadadas, pasaron a pedir galaxias, aperturas de fronteiras ao turismo e salvar a economía. Pero cando todo isto foi tamén realidade, pasaron a negar o antes afirmado e a proclamar os perigos das viaxes e os contaxios do turismo. Unha nova versión daquilo da parte contratante da primeira parte. E todo aderezado de excesos, dramatizacións e teatralidade. O resultado: nunca tantos, no peor momento, fixeron tan pouco por todxs.

Chóvesme coa dozura asedada dos soles nos outonos –dixo El– as airexas de café e o aroma a chocolate dos solpores. Achegas a emoción do que se esquece lento... Permaneces, como todo o que importa, na esencia sublimada de sentirte...

De levar a contraria

Te puede interesar