Tambores de guerra para manter a hexemonía

ataque con drones contra dúas refinerías sauditas, por parte de hutíes do Iemen, dáse como contestación a agresión do primeiro, con múltiples bombardeos, que causaron milleiros de mortos e a destrución dunha parte importante das infraestruturas. A capacidade militar amosada polos hutíes, co apoio doutros sectores da poboación do Iemen, deixa ao descuberto que está guerra non a vai decidir só quen teña máis medios económicos e militares.
Que forzas moi inferiores en recursos sexan quen de se opoñer con éxito ao exército iemení que conta co apoio militar de Arabia Saudita (e até hai pouco dos Emiratos Árabes), máxime cando están arroupados polos Estados Unidos, amosa as debilidades do imperialismo, tal como se repite noutros outros sitios. O inmenso poder militar só lle vale para destruír, non para ocupar dun xeito efectivo, e moito menos para impoñer “a paz á norteamericana”. 
Asemade, neste caso, para alén de que os incendios fosen controlados e non destruísen as refinerías, os ataques deixan en evidencia que os centros vitais de Arabia Saudita, mesmo os máis alonxados, non están á marxe da guerra. Rematou a impunidade. E malia que Washington ten unha enorme capacidade para detectar todo tipo de movementos, en terra, mar e aire, neste caso non lle valeu ren. Lembremos que Estados Unidos posúe unha importante base en Arabia Saudita e outra en Qatar. É lóxico polo tanto que o prezo do petróleo suba, porque ficou ao descuberto a incapacidade de Riad para protexer a súa produción. 
A ameaza de Trump dunha resposta proporcional contra Iran, ao que acusa do ataque, cando este foi axiña reivindicado polos hutíes de Iemen, procura varios obxectivos. O primeiro, demostrar a Arabia Saudita e ao resto das monarquías reaccionarias do Golfo, de que seguen sendo a potencia que manda. O segundo, incidir sobre Iran para que free aos hutíes, algo que non parece posíbel. O terceiro, incidir nas eleccións do pasado martes en Israel axudándolle a Netanyahu a escenificar unha situación de emerxencia, para incidir nunhas votacións que en principio ten perdidas. Cuarto, seguir dando folgos á militarización na zona, xa que o complexo industrial-militar é esencial para manter a flote a economía estadounidense nun contexto no que o sistema está esgotado.   
O perigo de tanto lume verbal, bloqueos, sancións, e inxerencias externas, é que pode traspasar o límite da fronteira sen retorno. Mentres o gran capital pensa no negocio de eliminar competidores e os lucros da reconstrución. Que foi do movemento pola paz...?

Tambores de guerra para manter a hexemonía

Te puede interesar