Eleccións e filantropía

ando vostedes estean lendo esta escrita mentres toman tranquilamente un café quizais haxan votado, estean dispostos a facelo ou pasen olimpicamente do tema. En calquera dos casos estamos mergullados de pleno nun domingo no que nos xogamos moito no que concerne á gobernanza das nosas vilas e cidades saturados dun sin fin de mensaxes que precisamos peneirar denantes de decidir porque escoitar escoitamos de todo e non todo vale. Un caso certamente chamativo foi a mestura da filantropía coa política e non son o mesmo as churras coas merinas. A filantropía consiste en ir na procura do ben das persoas de xeito desinteresado incluso a costa do interese propio. ¿Fai o filántropo unha achega de xeito desinteresado? ¿ Pensa o filantropo facer o ben as persoas ou oculta coa súa acción outros intereses menos confesables? ¿Pode a filantropía servir nalgúns casos para lavar conciencias? Podemos buscarlle todos os pés que queiramos ao gato pero eu son dos que penso que a filantropía, a que non estea contaminada de turbios asuntos, fiscais por exemplo, é compatible coa política. Unha cousa é que a política ande na procura de que empresas do IBEX, as que acadan os maiores beneficios, paguen os impostos que lle corresponden e outra ben distinta que se rexeite unha doación que redunde en mellorar certos servizos públicos malia entender que as prestaciósn públicas deben ser responsabilidade da “res pública”, e dicir: da política do goberno, como tamén debe ser asunto do goberno estar vixiante para que os multimillonarios non se traspoleiren das súas responsabilidades fiscais asesorados polos mellores técnicos nesta materia moitos deles procedentes da Administración Central do Estado. Malo, moi malo que rematemos asumindo que a política poda estar nas mans das grandes multinacionais e os políticos empregados destas macro empresas cuxos responsables máximos fan grandes doacións aos gobernos non porque sexan precisamente paladíns do humanismo con esas axudas “desinteresadas” a aqueles que máis o necesitan; hai sen dúbida outros obxectivos menos altruístas polo medio. En puridade a filantropía e o anonimato deberan ir da man, si. Ben está que algúns leguen sen buscaren contraprestacións a cambio porque de ser así non estaríamos falando de filantropía senón doutra cousa ben distinta. E todo isto, do que a xente fala hai tempo na rúa, saiu a relucir nos medios coas eleccións como non podía ser doutra maniera. ¿Ou si podía ser?

Eleccións e filantropía

Te puede interesar