hemerotecas

as hemerotecas son  un importante instrumento de consulta para escritores, xornalistas, historiadores e, en xeral, para todas aquelas persoas que gustan de recordar situacións e feitos do pasado. Nese senso, a sección de “Hace 25 años” do noso Diario de Ferrol, apórtanos a cotío importantes referencias sobre diferentes temas. Por exemplo, hai algúns días, recordábanos que, 25 anos atrás, o concelleiro de Ferrol, don Enrique Barrera, que entonces estaba en Esquerda Unida (EU), anunciaba a posible venta das vivendas de Recimil. 25 anos despois, o alcalde don Jorge Suárez, tamén de EU, non quixo recibir aos veciños que pretendían falarlle dese tema. Como di o cantar, “sorpresas te da la vida, la vida te da sorpresas”. Algunhas cousas cambiaron neste cuarto de século, mais agás a desaparición de moitos dos primeiros adxudicatarios, e o peso do paso do tempo, en  Recimil nada cambiou. Aínda que outros quixeron cambialo. E de que xeito!! Érache boa se colara!!   

hemerotecas

Te puede interesar