CONFUSIÓN

Ás veces, cando os medios de comunicación falan de carga de traballo na nosa Navantia, fíltrase unha sinxela información sobre as actividades en traballos de carenado e reparación de gaseiros. En principio iso non ten nada de malo, mais algún mal pensado puidera chegar á conclusión de que, esa información pertence a unha cerimonia de confusión, que pretende demostrar o importante que resulta a presenza de Reganosa na nosa ría, para acadar traballo para os nosos asteleiros. Non serei eu quen diga que ese é un xeito interesado de orientar á opinión pública contra aquelas persoas que rexeitan a ubicación da regasificadora no seu emprazamento actual, pero a insistencia en destacar a reparación deses buques semella un intento de xustificar algo que non ten xustificación posible. Porque había un sitio mellor onde situala, respectando as leis e minimizando o risco de accidente; e porque os gaseiros entrarían igual na ría para reparar. Pero iso si, descargados.

 

CONFUSIÓN

Te puede interesar