Non vaian pensar que, de novo, refírome ó goberno municipal de Ferrol, como tampouco a ningún deste país. Por unha vez, alónxome incluso de Europa para mentar o inefable Trump, ó que non deixo de ver como aqueles locos personaxes da película de Kubrick “Teléfono rojo, volamos hacía Moscú”. Quen non pode ver neste persoeiro rancio e candidato permanente ó oligrofénico e ó estudo psicolóxico o doutor que non pode evitar o saúdo fascista da Alemaña nazi, ou o tolo xeneral sempre co dedo disposto a pulsar o botón da catástrofe? De mesmo xeito penso na famosa frase de Churchil –”nunca tantos deberon tanto a tan poucos”– para invertir os termos. En Galicia diriamos aquelo outro de “Deus nos colla confesados”. En fin...