No limits

Remataron as olimpiadas coa dúbida crecente sobre os seus resultados. Esta vez Rusia ficou fóra polas sospeitas de dopaxe nuns controis que USA non pasa. Mais o deporte é dunha sinxeleza que atrae a pesares das intrigas políticas e económicas que se esconden detrás da competición e no instante final o respecto polo rival é compartido. Quizais a política ten un atractivo similar no seu carácter público mais ao contrario que o olimpismo a sinxeleza non existe e o mínimo respecto por criterios que permitan debates diversos para poder avanzar cada vez é máis escaso. Nesta Cidade demóstrao un Alcalde que decidiu seguir a estela da súa socia de goberno e responsabilizar aos demais para ocultar que os obxectivos que procura para esta Cidade pouco difiren dos do PP como probablemente demostrarán uns orzamentos ocultos. Non hai regras, non hai límites. E por iso, a pesar da dúbida que existen sobre o deporte, a política debería aprender a respectar aos demais se existe vontade de que algo mude.

No limits

Te puede interesar