Leín hoxe algúns dos comentarios que na páxina web deste xornal fai a xente ao se referir ao proxecto do aparcadoiro “disuasorio” de Canido. Hai, como en todo, para todos os gustos. Desde quen o aplaude a quen o rexeita porque teima polo do cuartel Sánchez Aguilera, aínda que lembra que falta por firmar o convenio con Defensa (fai xa vinte anos dos primeiros pasos?). Non vou ser eu quen se opoña ao proxecto porque o certo e que ben fastidiada está a cousa para atopar onde aparcar nesta ciudade. Claro que tamén habería que lembrar que aquí se colle o coche para ir desde a Praza de Armas hasta o porto, e viceversa. Pero volvendo de novo aos comentarios, quedo co que me parece o máis intelixente e ben argumentado. E é que é certo que o sentido de “disuasorio” se queda tan só no nome, porque, entre o Pazo da Xustiza e os veciños da zona, de pouco vai servirlle ao resto para atopar unha praza onde aparcar. Na recámara quedo coa cousa de subir a costa, porque baixala, eso si, é máis doado.