“Doenzas”

quela excepcional Bazán do pasado século, era unha inmensa fábrica, na que, ademais de facer os barcos, había un exército de especialistas, que facían todo o necesario para equipalos, desde parafusos ou tornillos, ata mobles Pero era tamén unha verdadeira fábrica de chistes ou contos, como indiscutible mostra do grande sentido do humor dos bazanistas. Basta con lembrar a Siro. Anos despois da avalancha das pre xubilacións dos anos noventa, era habitual ver grupos de vellos traballadores, paseando e comentando anécdotas dos seus tempos na empresa. Un daqueles contos referíase ás doenzas orixinadas polo duro traballo, as longas xornadas e as deficientes condicións ambientais, doenzas que, de calquera tipo e de todas clases, afectaban á maioría dos presentes e que, un deles cualificou de normais. É normal, dicía: “se xa cumpriches setenta e non che doe nada, é que estás morto”. Filosofía pura e dura, non é? Hoxe, á inmensa maioría daqueles entrañables homes xa non lles doe nada. É normal, claro. Pero doe.

“Doenzas”

Te puede interesar