“NON TEREDES O MEU ODIO”

Con esa frase lacónica empezaba a carta que Atoine Leris, periodista francés, enviou ás redes sociais despois de que o brutal atentado de París segara a vida da súa muller. E ademais da perda que supón para el quedar sen a súa compañeira, debe coidar agora el só de un neno de dezasete meses. Pero con todo, Atoine non se quedou abatido. Garda aínda azos para negarse firmemente a odiar a eses asasinos que el considera almas mortas, cegas e incapaces de entender o valor da vida humana. Non teredes o meu odio, di na carta, porque sería ceder á mesma ignorancia que vos converteu no que sodes, terroristas asasinos. O odio non dana nin fere á aquel a quen vai dirixido, senón a quen non é capaz de expulsalo da súa vida. Acabar coas inxustizas e os abusos que eses países árabes veñen padecendo, atribuídas por eles ao colonialismo dos occidentais, non o van o conseguir co seu odio nin coa súa violencia. A superioridade militar da OTAN non o permitiría. Deben caer na conta de que existen outras vías no mundo actual, que son as estratexias para negociar. Pola súa parte Europa e os aliados deben aceptar que lles sobra razón aos musulmáns para reivindicar a súa liberdade, a súa cultura e a súa relixión. Algo que a miopía do poder non lles permitiu entender a Bush, a Blair e a Aznar cando invadiron Irak. Estes deron o exemplo do que nunca se debería haber feito e que agora arrastra todas estas consecuencias, que vai custar moitas vidas humanas e esforzos económicos cambiar. Mais non foron só estes tres mosqueteros senón que tamén os seus sucesores seguen o mesmo camiño. Iso mesmo está a facer agora François Holland acaudillando os bombardeos sobre Siria, sen ter en conta as persoas inocentes que van a matar como consecuencia. A solución do problema do Estado Islámico non se encontra por este camiño.
E que dicir dos árabes? Tendo en conta que Mahoma é o seu guía, a súa relixión está metida en todo. O seu problema está na lectura e interpretación que fan da mesma. Pasa como con tódalas relixións, pero neste caso con máis fanatismo cego. Alá, o seu Deus, non lle falou a Mahoma nin a ninguén, como tampouco Yaveh lle falou a Abraham nin a Moisés. E así pasa o que ten que pasar, que as interpretacións do Corán son arbitrarias e a case totalidade do pobo toca de oído. Iso explica que o atentado fora cometido no nome de Deus. O secretario xeral do Consello de Europa acaba de manifestar que os que cometeron o atentado no leran nunca o Corán; e o responsable do Organismo garante dos dereitos humanos manifestou que estamos ante xoves ignorantes e fanáticos que teñen unha visión deformada do Islam..

“NON TEREDES O MEU ODIO”

Te puede interesar