A IGREXA E O ATEISMO

Elexido este Papa, a Igrexa non deixou de estar continuamente presente nos medios de comunicación. Que a Igrexa fose obxeto de comentarios, xeralmente negativos , era xa habitual en certa medida. Agora, en cambio, o frecuente é que o Papa sexa vito con bos ollos, incluso polas pesoas non crentes e, nalguns casos, ateas. Pero o máis sorprendente de todo está en que estas cousas pasan nunha sociedade cada día máis secularizada e na que a relixión ten menos cabida, salvo en solemnidades especiais que, por outra parte, teñen moito de folclóricas e moi pouco de cristiás. Por outra parte está o cambio de sentido que hoxe se produce naquelas persoas ás que aínda lles interesa a relixión. Estas doptan o compromiso cristiano sen complexos, aínda que con condicións. Quéren unha relixión limpa de aquelas tradicións que non sexan capaces de convivir cos tempos modenos, digamos coa evolución e a ilustración, coa razón e a democracia, porque todas estas son conquistas sociais, valores que de ningunha maneira se poden perder. Son moitos os que entenden ademais que eses valores nada teñen de contradictorio co Evanxeo. Teñen como modelo a un Xesús que subiu á Cruz condenado por subversivo, porque considerou que a salvación dos seres humanos estaba na liberdade, na fraternidade, na xustiza e na paz. A Igrexa, especialmente despois do Concilio de Trento, ven actuando de un xeito imperial. Considérase a si mesma a única verdadeira con poder na terra e no ceo sen dar contas a ninguén. Pero aparte dos abusos de poder cometidos por papas, bispos e cregos, quero referirme hoxe a un tema algo escondido á maioría. Ningún ser humano coñece nin viu a Deus. “A Deus ninguén o viu”, di a Biblia. A idea de Deus na cultura cristiá foi formada e transmitida pola Igrexa. ¿E cal foi a imaxe de Deus que trasmitiu ao longo dos séculos coas sus obras, co seu xeito de gobernar, de participar na política, de organizar as cruzadas e a inquisición, de inflixir castigos e discriminacións e da utilización d a riqueza? E todo iso no nome de Deus. Ao meu entender, aquí encóntrase unha das fontes máis claras do ateismo. Porque hoxe a xente sabe distinguir: “Caritas si, Igrexa non”. De nada serven os dogmas e as doutrinas: “Veba volant et opera manent”. As palabras levas o vento, pero os feitos permanecen. Francisco pode enderezar o rumbo da Igrexa coa humildade e o cambio pedindo perdón polos erros pasados.

 

A IGREXA E O ATEISMO

Te puede interesar