Consumo local contra emprego local

Hai unhas horas en Ferrol, unha cadea humana xuntaba o Concello De Ferrol co Concello De Narón en demanda de emprego, un futuro para a nosa comarca e poder seguir estando presentes no mapa. Unha comarca en declive desde fai anos, na cal o proceso de desintegración cada ano que pasa estase a agudizar pola falta de industria. O declive demográfico e tal, que nin coa chegada de persoas migrantes de xeito normal, podémolo xa reverter.

Máis é indubidábel, que a solución pasa polo cambio das políticas estatais cara a esta comarca, a cal estase a converter en unha comarca e sobre todo a cidade de Ferrol, nun lugar de pensionistas e unhas cantas funcionarias, onde a mocidade non lle queda mais remedio se quere formar unha vida propia, que emigrar fora do pais. Os partidos estatais seguen coa rutina, de pasarse a pelota uns a outros, sen aportar ningunha solución efectiva, nun total exercicio de cinismo, mentres a comarca segue a esmorecer.

Máis a cidadanía tamén termos moito que dicir e sobre todo, podemos por a nosa pequena axuda para reverter este proceso. E isto pasa ,por facer do noso consumo, un consumo responsábel quer medio ambientalmente, quer construíndo comunidade. O consumo de produtos locais, so trae beneficios para a localidade. Este consumo ademais de reducir a pegada de carbono, xa que, os produtos apenas viaxan, tamén é un xeito de xerar emprego na propia localidade. Consumir nos comercios de barrio, nas tendas de toda a vida, conseguiremos crear riqueza no noso propio barrio, poñendo en valor este. Estudos de varias universidades demostran, que por cada € que se gasta no comercio local, no comercio dos nosos barrios, as diferentes administración inverten perto dos 3-4 € nesa localidade, neses barrios, mentres que por cada € que gastamos nas grandes superficies, as administración soamente inverten 1.5 € na localidade. Ademais que os cartos gastados no pequeno comercio, quedan dentro do circuíto da localidade na súa maior parte, mentres que os cartos gastados nas grandes superficies, so queda na localidade os gastos de mantemento das superficies e as pagas das traballadoras.

Por isto este natal e o resto do ano, debemos cambiar o noso modelo de consumo, aqueles que podamos e consumir produtos locais, produtos de proximidade e sobre todo, consumir nos comercios dos nosos barrios. Desde as verduras e outros produtos nas nosas prazas, a carne pouca e a poder ser galega e de pastoreo, o peixe das nosas augas, o marisco da nosa localidade onde sexa posíbel, os doces das nosas pastelerías, os vinos do pais etcétera, xunto cos agasallos de orixe local e mercados no comercio de proximidade, estaremos a facer que ducias e ducias de empregos, poidan crearse nas nosas localidades, co cal, conseguiremos frear un pouco o declive que esta a sufrir a nosa comarca, o noso pais.

E sobre todo, debemos ir pensando en que debemos ser nos mesmas, as que debemos dirixir esta nave chamada Galiza e non seguir confiando en xentes doutros territorios, que ningún apego teñen con este pais, nin coas súas habitantes.

Consumo local contra emprego local

Te puede interesar