Marisco e saúde pública

|

Escribo isto aínda impresionado polo alcance da aprensión de vieiras tóxicas, pero máis polo feito de que haxa que as merque, as prepare e as poña sobre a mesa dalgún comensal sen ter o máis mínimo reparo e obviar o alcance que sobre a súa saúde pode ter o seu consumo. Din que morto o can acabouse a rabia, mais neste caso o can é de varias especies. A saber, por un lado quen extrae o marisco sabendo que o fai só ten razón de ser baixo o peso do diñeiro. E segundo, quen o merca, porque se non fora así no habería extracción ilegal. De paso, vemos como a cousa cobra xa unha dimensión impensable e vemos como hai toda unha rede organizada, ao máis puro estilo delictivo. Se as penas sobre esto foran as que renden para o narcotráfico, xa veríamos. Porque, ao fin e ó cabo, é a saúde.

Marisco e saúde pública